As casas

Todos nos preguntamos de onde vén a nosa civilización, cando se fundou Millares, etc. A referencia por agora, máis antiga, que teñen l@s autores deste blog sobre Millares é un documento do ano 1513 no cal un veciño da nosa aldea interpón un preito sobre fidalguía.
Indubidablemente as nosas orixes teñen que perderse no túnel do tempo, xa que a nosa aldea está situada nun lugar idóneo para a agricultura. De todos os xeitos, a existencia na zona de fósiles de trilobites en lousas e cuarcitas do Paleozóico Inferior, (de entre 500 e 350 millóns de anos de antigüidade), indica que Millares formaba parte da plataforma mariña que rodeaba o antigo continente de Gondwana.
A continuación, preséntase unha relación coas casas que hai hoxe en día en Millares:




CASA DO BARREIRO


CASA DE BRAÑAS


CASA DE CARPIO




CASA DE CASANOVA


CASA DE CORBEIRA


CASA DE DÁMASO



CASA DE EIROS


CASA DE EUGENIO


CASA DE FARRUQUETE


CASA DA FERREIRA


CASA DAS FONTELAS


CASA DE GALLEGO


CASA DO ISIDRO


CASA DA JULIA


CASA DA LAMEIRA


CASA DA MARÍA


CASA DE MAXIDE


CASA DE MENÁN


O CASETO


CASA DE PEÑA



CASA DE REGO


CASA DA RITA



CASA-ESCUELA DA RIGUEIRA


CASA DE SEVERO



CASA DA TABERNA




CASA DE TRABADA


CASA DA VIUDA






LISTADO DE CASAS QUE HAI OU HOUBO EN MILLARES E HIPÓTESE SOBRE A ORIXE DOS NOMES:

Casa do Barreiro: suponse que está nun sitio de barro, húmido.
Casa de Brañas: suponse que é polo apelido dun antepasado.
Casa de Carpio: suponse que é polo nome dun antepasado.
Casa de Casanova: suponse que se construíu a casa onde antes non había.
Casa de Corbeira: é polo apelido do dono da casa.
Casa de Dámaso: é polo nome do dono.
Casa de Dourado: suponse que é polo apelido dun antepasado.
Casa de Eiros: suponse que é polo apelido dun antepasado.
Casa de Eugenio: é polo nome do dono, anteriormente era a casa de Gallego.
Casa do Extremeiro: estaba situada entre a casa de Peña e a de Farruquete. Segundo informáronnos o nome vén por ser o lugar de orixe dos seus propietarios, a aldea de Extremeiro na Fonsagrada.
Casa de Farruquete: suponse que houbo algún Francisco nesta casa.
Casa da Ferreira: pode ser que alguén da casa tivese o oficio de ferreira.
Casa das Fontelas: está situada nas Fontelas.
Casa de Gallego: suponse que é polo apelido dun antepasado.
Casa da Genoveva: segundo contan houbo unha casa entre a de Rego e a de Casanova, e a dona chamábase Genoveva.
Casa da Julia: é polo nome da dona.
Casa da Lameira: está situada nunha zona de barro e húmida. Parece que foí construída despois de que aos propietarios se lles incendiase a súa, que estaba situada ao lado das casas de Ferreira e Farruquete.
Casa da Maria: é polo nome da dona.
Casa de Menán: suponse que é polo apelido dun antepasado.
Casa do Mesón: segundo contan, preto da casa de Severo había unha casa chamada así.
Casa de Peña: suponse que é polo apelido dun antepasado.
Casa do Porto da Roxa: contan que houbo unha casa no porto da Roxa, mais ou menos á altura da primeira curva da pista que vai cara A Braña, ao pasar o regato. Non se sabe a que lado da pista estaba, pero puido haber restos ata o ano 1900.
Casa de Rego: suponse que é polo apelido dun antepasado.
Casa da Rita: suponse que é polo nome dun antepasado.
Casa da Roxa: segundo contan había unha casa entre a de Dourado e a de Casanova, a dona igual era rubia.
Casa de Severo: suponse que é polo nome dun antepasado.
Casa do Sidro: suponse que é polo nome dun antepasado.
Casa da Taberna: pode que tiveran na casa unha cantina ou taberna.
Casa de Trabada: suponse que é polo apelido dun antepasado.
Casa da Viuda: o nome pode ser debido a quedar viúva de moza alguén desta casa.
O Caseto: según escrituras "Caseto da Taberna", quizais pertencía á casa vella de Severo, que no seu momento foi fonda e pousada.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

todas as veces que pasei por esa estrada!!! nunca pensei que tivese tantas casas o pobo e parece que non hai abandono, vese moi ben, que fallo que non teña taberna se non paraba, saúdos para toda Baleira

Pontevedra dixo...

Eu podo contarvos algo por se vos interesa. Penso que a casa que chamades do Estremeiro foi onde naceron os meus devanceiros. Son descendente de Ramón Francisco Piñeiro Pérez nado en Millares no 1807 casado con Peregrina Maseda Quiroga. Tiveron unha filla, Dores Piñeiro Maseda nada no ano 1843 en Santiago de Compostela. Ramón vendeu no 1868 os foros e hipotecou a casa de Millares a varios veciños e tamén parte á súa sobriña Pilar filla de María Tomasa Piñeiro Pérez e Xoán Tomás Fernández Estremeiro. Segundo as escrituras do notario o Xoán era oriúndo do Estremeiro, unha aldea da Fonsagrada. Grazas polas cousas que publicades, saber de onde vén un é gratificante.

por.millares dixo...

Ola "Pontevedra" muchisimas grazas pola información que nos deixaches, agradecemos moito que nos deades información relativa a Millares e aos seus habitantes presentes ou pasados.
Esperamos que veñas visitar Millares pronto, un saúdo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...