Galicia é sinónimo de emigración, o galego emigraba ante todo para procurar unha mellor situación económica, pero non obstante, sendo Galicia a rexión española que máis porcentaxe de emigración tivo, tamén é a que maior número de retornados ten.
No fenómeno migratorio seguiuse un patrón: os pais e a muller quedaban en Galicia e os fillos e o marido emigraban.Quizais sexa ese o factor determinante polo cal houbo un número de retornados tan elevado, unido ao apego que os galegos senten pola súa terra. A emigración foi maioritariamente masculina.
![]() |
Museo da emigración galega en Buenos Aires |
A muller galega incorporouse pouco a pouco á emigración, facéndoo de forma activa a partir da década dos 60.
![]() |
Emigrantes galegos en Suiza, anos 60 |
Museo da emigración (Argentina) |
A dureza do clima, unha estrutura da terra moi fragmetada (o minufundio nace como un intento de distribuír máis equitativamente a terra entre os herdeiros dunha familia, subdividindo as parcelas e repartíndoas, pero cunha taxa demográfica moi alta, en poucas xeracións, a terra subdividiuse tanto que a maioría das parcelas acabaron sendo demasiado pequenas como para manter unha familia), a falta de axudas e a aspiración de mellorar o nivel de vida foron as principais causas que motivaron a diáspora galega.
Os emigrantes dirixíronse principalmente a América Latina, sendo Arxentina o país que máis xente recibiu, os galegos polo xeral concentráronse nas grandes áreas urbanas: Buenos Aires, Montevideo, La Habana...
Dedicábanse principalmente ao sector servizos e ao comercio, pola contra foron moi poucos os que se dedicaron ao sector agrario, salvo no caso de Brasil, onde por exemplo o caucho ocupou un gran número de emigrantes galegos.
Estímase que actualmente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, dispersas na súa maior parte entre Europa e América.
Pero os galegos non foron só a facer as Américas, a partir dos anos 50 os destinos elixidos para emigrar estaban en Europa e dentro do estado español.
Nisto os veciños de Millares non foron diferentes ao resto, é raro encontrar unha casa no noso pobo onde non haxa algún emigrante.
Millares mantivo a súa poboación relativamente estable ata o ano 1960, pero a partir de aí comezou o goteo da emigración.
Arxentina (Bos Aires), Venezuela (Caracas), Cuba (Santiago de Cuba, Guantánamo), EEUU, Madrid, Barcelona, Bizkaia (Bilbao, Basauri, Galdakao, Igorre, Areatza), Vigo, A Coruña, Lugo, son algún dos lugares onde podemos encontrar veciños de Millares e/ou seus descendentes, pero con toda seguridade que hai máis destinos nos que algún conveciño noso deixou a súa pegada.
Seguro que ti coñeces algún outro lugar dentro ou fóra das nosas fronteiras onde acolleron a algún dos nosos veciños, se é así e queres colaborar con nos, anímate, sodes tod@s benvid@s.
![]() |
Patronato da cultura galega de Montevideo |
![]() |
Museo da emigración en Buenos Aires |
"Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van,
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará".
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará".
ROSALÍA DE CASTRO, "FOLLAS NOVAS", 1880
Ningún comentario:
Publicar un comentario