Facemos este artigo a partir da
seguinte canción que nos contaron en Millares:
Catro aves voadoras
son as que pasan o mar,
a anduriña e mailo cuco,
a rula e o pazpallar.
A ANDURIÑA
Hai dúas especies de anduriñas
vistas por Millares, a anduriña común Hirundo rustica que fai o niño con barro
e herba en vigas de madeira ou paredes e a anduriña das vilas Delichon urbica que
fai o niño nos beirados das casas. As anduriñas teñen un gran sentido da
orientación, sendo capaces de atoparen o seu niño do ano anterior. SABER MÁIS
Anduriña común |
A veces ocupanllelos ou
desfánllelos os gorrións Passer domesticus. É migrador estival que se achega
nos primeiros días de marzo para amañar os niños do ano anterior ou facer uns
novos. Teñen forma esférica cunha abertura no máis alto e fanos con boliñas de
barro. Poñen catro ovos. A finais de agosto e primeiros de setembro reúnense
para emprendela viaxe gradualmente cara ó continente africano por falta de
comida (moscas, formigas, áfidos, etc.) no inverno, non do frío. Varias veces
póñense nos fíos da luz.
O investigador Estanislao
Fernández detectou o 7 de febreiro de 2004 en catro casas de Millares 28 niños de
anduriñas das vilas (12 enteiros, 3 un pouco desfeitos e 13 totalmente
desfeitos).
No ano 2012 detectáronse na
última semana de marzo.
Ditos:
Caga máis un boi que cen anduriñas.
Nin un dedo fai mau, nin unha
anduriña fai vrau.
Se queres saber cando é abril a
anduriña viracho dicir.
Anduriña que voa alta non teme
que chova.
O CUCO
É unha ave solitaria que ten
dúas características moi singulares: SABER MÁIS é tan lacazán que non se preocupa de facer
niño, (pon o seu ovo no niño doutras aves para que o o críen), e o seu berro “cu cu”. Choca un ovo. No ano 2012 oíuse cucar en Millares
polo 30 de marzo.
![]() |
Cuco |
Ditos
O cuco non te collerá sen almorzar.
O cuco non te collerá sen almorzar.
Entre marzo e abril sae o
cuco do cubil.
Canta o cuco tempo enxuito.
Cando canta o cuco ven o pan ó suco.
Se despóis de San Pedro canta o cuco, vén bon vrau.
Estar contento coma un cuco.
Ser un cuco.
Conto: unha vez o compadre do cuco chamouno prá
malla. Viuse nun apuro e contestoulle: se vai sol teño que poñerme á sombra, se
hai néboa teño que cucar e se chove irei praló.
A ROLA
O berro da rola Streptopelia
turtur, é parecido a rrur, rrur ou "turr turr". SABER MÁIS
O niño, faino con cotiños e follas nas árbores ou en sebes mestas a pouca altura. Poñen dous ovos brancos a finais de maio ou primeiros de xuño e poden facer unha segunda posta en xullo ou agosto.
O niño, faino con cotiños e follas nas árbores ou en sebes mestas a pouca altura. Poñen dous ovos brancos a finais de maio ou primeiros de xuño e poden facer unha segunda posta en xullo ou agosto.
![]() |
Rola |
Pasan o inverno, ó sur do Sahara. A especie está a sufrir unha forte redución das
súas poboación en Europa, causada polos cambios nos métodos agrícolas que
provocan a escaseza das sementes das que se alimenta, pola caza, sobre todo
cando cruzan o Mediterráneo durante
as migracións, a destrución das sebes e o emprego de
pesticidas.
O PAZPALLAR
Pouco despois do cuco vén o
pazpallar Coturnix coturnix. SABER MÁIS. Nas searas fai a súa vida e cría a súa niñada. A súa voz característica, que
se oe principalmente ó luscofusco, é un canto trisílabo que lle valeu o seu
nome vulgar. Está ata que remata o verán e a despensa (a grá) ata agosto cando se
sega. Canta a tódalas horas e por pouca luz que haxa.
![]() |
Pazpallar |
Fan un niño nunha pequena
depresión do chan no que adoitan poñer entre 8 e 13 ovos. A carne do paspallás
fíxoo obxecto de caza masiva dende tempos remotos, o que xunto coa perda dos
seus hábitats e o uso masivo de pesticidas, causou unha forte diminución das
súas poboacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario