Catastro

Millares no ano 1753
Desde o punto de vista do catastro do ano 1753, Millares forma parte de: Reino de Galicia, provincia de Lugo, xurisdición de Neira de Rei, parroquia de San Miguel da Braña e señorio do marqués de Montaos, quen por razón de señorío e vasalaxe non percibía cousa algunha.
Algún dos foros existentes eran:                                                                                                     Convento de monxas dominicas de Santa María A Nova da cidade de Lugo.

 Convento de Santo Domingo da cidade de Lugo.

Mosteiro de Pena Maior da orde de San Bernardo, no actual concello de Becerreá.

En Millares nese ano (1753), residían 65 habitantes, todos eran labregos aínda que algúns compaxinaban esa profesión ca de muiñeiro, arrieiro ou ferreiro. O cura da parroquia tamén era de Millares.Os nomes de persoas que aparecen como cabezas de familia no catastro do ano 1753, son: Antonio González, Basilio Rodríguez, Catalina Fernández, Domingo Eiros, Domingo Millares, Juan Torneiro, Pedro González, Pedro Lamela e Petronila Fernández.

As construcións existentes comprendían: catorce edificacións entre casas e palleiras, nove hórreos, dous muiños, unha forxa e unha capela. Non se fai referencia ós fornos do pan, igual é por estar unidos a maioría das veces ás casas, anque hainos separados como o seguinte:


Forno unido a casa:


Nunha das casas había una taberna arrendada a Tomé Ferreiro, veciño da Braña, na que vendía viño e tabaco.
Segundo o documento os arrieiros "traficaban la tercera parte del año con mulos y caballerías haciendo de seis a diez viajes al año en conducir vino del Riveiro".
Os muiñeiros moían a cuarta parte do ano nos dous muíños desa época. Actualmente só quedan restos de un no Candal.



Nalgún tempo tamén houbo muiños nos lugares de O Muinvello e o Prado do Muín. O seu aspecto podería ser como o muiño de Abrairas que por agora (decembro de 2011) está en pé.



Prado do muín:


O ferreiro traballaba na forxa a cuarta parte do ano. Descoñecemos onde estaba situada.
Había 24 trobos que producían cera e mel. A súa forma sería parecida á seguinte:



Por último, en canto ó tipo de gando e número de cabezas a distribución era a seguinte:
Cabalar (13)
Vacún (96)
Ovino (151)
Cabrún (58)
Porcino (31)
Segundo o catastro, daquela era dominante o gando ovino, sen embargo hoxe en día (ano 2011) domina o gando vacún e non hai gando cabalar nin cabrún.


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...