22 de xuño de 2014

Cambio da hora

En Millares sufrimos un cambio horario, que acentúa a diferenza co horario natural do país e que vén motivado por unha Directiva europea, de obrigado cumprimento en todos os países dende a UE e vixente o ano 1981.
Unha vez máis "Spain is different", e a pesar de estar situada no extremo de Europa occidental ten horario de Europa central.

No ano 1940, ao réxime de Franco, ocorréuselle engadir unha hora para así ter o mesmo horario da Italia fascista e da Alemaña nazi, en vez do horario de países máis próximos como Inglaterra ou Portugal.
O resultado de todo isto é sabido xa, en España amence máis tarde que en ningún outro sitio e polo tanto éntrase a traballar máis tarde e sáese do traballo máis tarde tamén.






A España franquista homologábase voluntariamente ca hora central europea (CET), a mesma que Alemaña impuxera a todos os territorios ocupados que mantiñan un horario diferente: Francia, Luxemburgo, Bélxica, Holanda, Polonia, etc.
Aplicando criterios xeográficos, é pouco entendible que en Galiza teñamos a mesma hora que Berlín. O horario medio de Greenwich ou GMT é o horario solar medio no Observatorio de Greenwich que equivale a cero graos de lonxitude. Este meridiano cruzaría a costa mediterránea da península Ibérica, polo que Galiza, ou por exemplo Euskadi, deberían manter o mesmo horario que Gran Bretaña e Portugal.

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...