8 de xuño de 2015

Paseando por Millares

As veces un pregúntase como é posible, como nos desvinculamos tanto da natureza, como cambiamos a tranquilidade do pobo pola "boa vida da cidade", sen esquecer nin obviar que cada unha ten os seus proles e as súas contras, claro está.
Hai pouco tempo oín, como un estudo aseguraba, que no ano 2050, o 60% dos nenos, non terá visto nunca unha vaca de verdade, que tristura, e pensei se tanto avanzar, tanta tecnoloxía e tanto aparato vangardista faríanos realmente máis felices ou pola contra camiñamos cara a un futuro de soidade individual.
Xentes moi preparadas si, pero soas, sen mais  compaña que os seus maquinas.
Por iso hoxe déixovos unhas imaxes dos camiños e cantos de Millares, cantos tranquilos, nos que as multitudes non existen, por sorte.






















E non podo rematar este artículo sen poñer unha foto do noso compañeiro e amigo inseparable, Marqués, o can de casa de Maxide, non había paseo nin pola mañá nin pola tarde, nin en verán nin en inverno no que o non nos acompañase e coidase, este inverno faleceu e seguro que ningún paseo será nunca igual sen él.

Marqués

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...