4 de maio de 2016

Rexurdirá Millares?


Nas últimas décadas coa emigración masiva da xente moza, comezou a decadencia da aldea, que quedou case baleira. Das máis de 30 vivendas que no século pasado estiveron habitadas a diario, hoxe queda unha terceira parte.
Casas caídas, vivendas deshabitadas, valados de pedras soltas derrubados, carreiros e camiños borrados polas herbas e pola falta de uso.


As casas vanse pechando ao ir falecendo pouco a pouco os anciáns que moran nelas.
As persoas que emigran vanse co desexo de volver, pero con frecuencia o retorno dos emigrantes fréao o interese de estar cos fillos e cos netos enraizados nas novas terras onde naceron e onde se criaron. Pode ser este o principal motivo que lles impide volver despois de xubilarse. Mais o desexo de retornar perdura ata o mesmo intre da morte!


Rexurdirá Millares? Como dixo o outro, "o mundo dá moitas voltas!". É un misterio que o coñeceremos algún día!
Para ambientar esta nostalxia deixamos a canción titulada "Aldea miña" do grupo Xocaloma, que é considerado o "Mocedades galego". VIVA MILLARES!



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...