23 de xan. de 2012

A Marronda

A Marronda no outono

Que non sabes que facer o próximo fin de semana? pois dá unha volta por unha das paraxes máis belas da provincia de Lugo, A Marronda.
Cunha extensión de 1239 Ha. é unha das máis importantes reservas de faias  do sur de Europa, nela podes encontrar gran variedade de especies tanto vexetais como animais.
Flora: nesta fraga conviven máis de 170 especies de árbores e arbustos, castiñeiros, carballos, chopos, bidueiros, abeleiras, cancereiros, salgueiros, plátanos, uz, hedra, madreselva, xestas, acivros, mofo e moitas máis.
Os amantes da ornitoloxía poderán gozar dunha gran variedade de aves como o azor, o gabián, xirín, ferreiriño azul, ferreiriño negro, etc.
Posúe tamén unha interesante fauna de mamiferos como o desman dos Pirineos, leirón, musaraña, esquío, marta, denociña, armiño, xeneta, gato montes ou lobo.           


Trátase dun fermoso percorrido dentro do concello de Baleira, discorre polas parroquias da Braña, Martín e Cubilledo.
Con esta ruta preténdese dar a coñecer a gran riqueza natural desta zona, coa Fraga da Marronda e a beleza do río Eo.
Trátase dun sendeiro circular que permite facer a ruta tanto nun sentido como noutro, ben dende San Paio ou dende o Area Recreativa da Cortevella, o percorrido tamén permite dividir esta en subrutas.

A Cortevella


O traxecto discorre por pistas, canles, sendas e camiños de paso tradicionais, percorrendo as beiras do Eo dende case o seu nacemento en Fonteo ata chegar a Cortevella, onde nos sorprenderá cos seus meandros, podendo gozar da fermosa paisaxe fluvial que o río  deixa ao seu paso, así como de espectaculares fervenzas como a da acea de Serra e a do Pozo da Ferrería.


Acea de Serra

Poza da Ferreria

O percorrido tamén permite gozar da parte alta da Fraga da Marronda, penetrando polo bosque.
Trátase dunha ruta con gran variedade en todo o seu percorrido, na cal consideraremos algúns dos bosques máis fermosos da provincia de Lugo, entre os cales áchase a famosa Fraga da Marronda, exemplo excepcional de bosque autóctono galego, de gran valor ecolóxico e que constitúe un espazo natural protexido, incluido dentro da Rede Natura.

A Marronda

A Marronda

A Marronda

Fervenza na Marronda

Ademais, dános a oportunidade de coñecer interesantes aldeas tradicionais como Mendreiras, Cabreira e Sampaio, así como A Cortevella.
Por último, percórrese a chamada "Senda dos Cazadores", sen dúbida un dos tramos máis espectaculares da ruta, que nos conducirá dende Cortevella ata Cabreira por unha das partes máis agrestes deste percorrido, chegando finalmente á Fervenza do Pozo da Ferrería, belo salto de auga de difícil acceso.
Distancia: 25 km
Duración: 6 hora e media
Dificultade: media-alta


Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...