19 de xan. de 2012

Os lavadoiros

Resulta difícil imaxinar a vida das nosas avoas, daquela mulleres que cada certo tempo, xa fora verán ou inverno, debían cumprir a ingrata tarea de ir a lavar a roupa de toda a familia ao río, velas pasar polo camiño cos seus cestos de roupa sucia e o xabón feito por elas mesmas, e regresar despois cansas e mortas de frio ou de calor, dependendo da época do ano.
Hoxe, grazas a lavadora, non podemos nin imaxinar o que debían de padecer agachadas no lavadoiro durante horas e coas mans metidas na auga xeada do Candal. Axeonlladas sobre unha pedra ou madeira, primeiro enxaboaban as pezas refregándoas con cinza para quitar a maior parte da suciedade, despois estendíanas sobre a herba para que o sol fose quitando as manchas e a cor amarelenta, despois de varios enxaugados volvíanse estender as pezas sobre a herba para o seu secado, este duro labor adoitaba durar case todo o día e ao caer a tarde recollíase e dobrábase a roupa para emprender o regreso á casa, si tiñan a mala sorte de que chovese e a roupa non se tería secado, a volta á casa facíase coa roupa mollada, o que multiplicaba o seu peso.
Lugo, lavandeiras, principios do século XX

Hoxe esos lavadoiros, os que se conservan, quedaron como algo testemuñal, e poucas veces ao pasar xunto a eles pensamos no que representaron para as nosas antecesoras, polo xeral cada casa tiña o seu lavadoiro, aínda que tamén adoitaban compartirse.
Por desgracia en Millares desapareceron os lavadoiros que había no Candal, pero si quedan lavadoiros similares noutras aldeas da zona:

Rego dos lavadoiros no Candal, hoxe en día

Lavadoiro similar aos que había en Millares

Lavadoiro en Abrairas

Lavadoiro en Verducedo

RECEITA DE XABÓN CASEIRO FEITO CON GRAXA ANIMAL
Os ingredientes usados para facer o xabón caseiro son:
Restos de graxa animal (touciño, unto, etc...)
1 kilo de sosa
 cáustica (por cada 6 quilos de graxa)
1/2 kilo de
 jabón ou deterxente
6 litros de auga
Tórase a graxa, quitando todas as febras xa que estas non se disolven coa sosa ponse a cocer coa auga ata o punto de ebulición, despois vértese nun recipiente e vaise engadindo a sosa o xabón ou deterxente, removendo ata conseguir unha mestura homoxénea, hai que sacar todas as impurezas que haxa.
As correntes e os cambios bruscos de temperatura poden facer que a mestura se corte, se iso sucede hai que volver cocer a mestura sen deixar de remover, ata que volva ferver.
Canto máis se remove a mestura máis fina queda, segundo se vai arrefriando espesa, entón métese nun molde, polo xeral adoitan ser de madeira ou de metal e déixase nel ata que se solidifica.
Córtase en pastillas segundo o tamaño desexado.
Na actualidade este xabón non ten demasiada aceptación, xa que ao estar fabricado con graxas animais e non levar ningún aditivo que lle dea perfume, non ten bo aroma, o seu olor é o da sosa.







Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...