24 de set. de 2012

Cantinas de Millares

En Millares, chegou a haber tres cantinas abertas ó mesmo tempo, no século pasado: 
A do Costureiro, era a máis antiga e a que máis anos funcionou. 
Cantina do Costureiro

A do Dionisio, a que menos durou, estivo aberta polos anos 1970. 
Cantina do Dionisio

A da Rita foi a última en pechar as portas, aló pola década do 1980.
Cantina da Rita

Básicamente habilitábase unha zona da planta baixa da casa, onde despois da entrada había un espazo no que podía haber unhas mesas e bancos de madeira. Separando esta zona e os estantes onde se amoreaban os produtos, había un mostrador de madeira onde se situaba a balanza para pesar.
Funcionaban como tenda e como bar, ademáis de ser lugar de reunión. Procuraban ter de todo tipo de productos necesarios, mesturando alimentación, drogaría e diversos produtos que se utilizaban segundo as necesidades dos habitantes do pobo. Por exemplo, na época das matanzas procuraban ter produtos necesarios na elaboración artesanal de embutidos, etc. A bebida máis vendida era o viño que viña en grandes bocois da zona do Bierzo, e tamén a cervexa dunha marca envasada en Galicia (pódese ver na foto, caixas de cervexa amoreadas para devolver). Normalmente o viño íase mercar á cantina nun garrafón propio que se levaba da casa. 



Naquela época devolvíanse puntualmente e sen falta os cascos baleiros das botellas e case non existía o plástico. Parece que éramos máis ecolóxicos...Nos últimos anos a tenda tiña cámara refrixerante e isto permitía incorporar á oferta novos produtos como xeados, etc... Lembramos tamén que as latas de conservas (sardiñas, marmelo,...) aceite de oliva, etc eran de gran tamaño, por exemplo 1kg, 10 litros, etc... 



Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...