11 de set. de 2012

San Miguel

Neste mes de setembro celébrase a festividade de San Miguel, a el está dedicada a nosa igrexa parroquial.
Había moitos anos que non se celebraba ese día na parroquia, segundo oímos uns 18 anos, pero este ano, aproveitando que o día 29 de setembro cae en sábado, (e que a xuventude da parroquia se animou), vaise celebrar a festa, cousa que nos alegra.
Tanto os veciños de Millares, coma os de Abrairas e A Braña, gozarán dun día de festa en honor ao seu patrón, San Miguel.



A nosa igrexa parroquial sitúase en A Braña dende antes do século XVIII, áchase no camiño Real de Castela a Mondoñedo, anteriormente achábase na Requeixada.


A igrexa ten planta rectangular, e nun lateral está pegada a sancristía, xunto a ela encóntrase o cemiterio da parroquia.


Só consérvase un retablo, de estilo barroco.



As imaxes de San Miguel e da Virxe dos Dores que se conservan na igrexa, son obra do escultor Bonifacio Castro Seoane, que viviu en Millares, na casa de Peña.



Pila bautismal na que terán sido bautizados case todos os veciños da parroquia.

Artesoado
A gozar da festa!!

2 comentarios:

Unknown dixo...

gustoume moito, felicito os que fixeron e colaboraron,moi ben

por.millares dixo...

Grazas polo teu comentario, pena que non puidésemos estar aí ese día, pero cónstanos que o pasaron moi ben, ojala o seguinte San Miguel tamén se celebre e poidamos acudir.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...