23 de dec. de 2015

Nadal

O Nadal está cheo de maxia... nestas datas conviven tradicións cristiás cos ritos e lendas que terían traído a este canto da península os primeiros poboadores celtas.


Noiteboa
Ao igual que en case todas partes, o Nadal en Galicia é sobre todo unha festa familiar, na que a maioría dos galegos retornan ás súas aldeas e lugares de orixe para comer na casa familiar e cantar panxoliñas, que é como se chama aquí aos vilancicos. Ademais, conta a lenda que durante o día de noiteboa tamén acoden á casa os espíritus dos antepasados familiares a quentarse en torno ao lume, nese canto tan entrañable e acolledor da casa galega chamado lareira, de aí o costume nalgunhas zonas de poñer unha mesa auxiliar con pratos de comida para as ánimas.


Deus nace galego:
Ai! se o noso Deus galego se fai
imos cantar á choza en que nace,
Ai! se a súa nai é de Compostela,
imos cantar fermosa galega.
Todo galeguiño toque charumbela
que o neno bello é da nosa terra.
Fagamoslle todos a danza galega
que está desnudiño e chora e tembra
pois se nace en Galicia na falda da serra,
galego faise, é da nosa terra.

Outro dos costumes do día de noiteboa era que non se podía apagar o lume do fogar, debía morrer por si só, nin podíase varrer a cociña ata o día seguinte, para non botar fóra da casa ás almas que se tivesen achegado á casa esa noite.


Outra tradición do Nadal galega, que por desgracia tamén está a punto de desaparecer, é o tizón ou cepo de Nadal que consiste en poñer ao lume en noiteboa un madeiro groso, xeralmente de carballo, e deixalo arder só ata a metade, despois apártase do lume e gárdase, para volver acendelo noutras ocasións para protexerse das tormentas.
Noutros lugares o que gardan son as cinzas do tizón e bótanas ao lume en noites de tormenta para conxurala.
Desa tradición proceden tamén os doces en forma de madeiro de mazapán que comen en Nadal en Galicia.
A misa do galo tamén é algo tradicional, o nome da devandita misa forma parte dunha antiga fábula que afirma que o primeiro ser vivo que presenciou o nacemento de Xesús e o comunicou ao mundo, foi un galo.





Ata principios de século, era moi habitual, en noiteboa, que nas igrexas se anunciase a chegada da media noite cun canto de galo, ás veces simulado, pero outras veces levábase un galo de verdade á igrexa, para facelo cantar.
Noite vella e Ano Novo
A tarde do día 31, os mozos das aldeas facían un boneco de palla que despois paseaban por toda a aldea ou por toda a parroquia, entre berros e ruído, para máis tarde queimalo no campo da festa, onde despois acudía o resto da xente.



Esta tradición é similar ao carnaval, expresa o triunfo sobre o ano que remataba, simbolizado no boneco de palla.
A festa adoitaba durar toda a noite e mesmo durante o día seguinte se seguía celebrando, cantando con pandeiretas e gaitas, pedíanse aguinaldos que podían ser en especias (chourizos, pan, viño) ou en diñeiro.



O señor Manuel da Portela,
é un home muy capaz
de meter a man ao bolsillo
e darnos trinta reás.

Despois da festa, reuníanse os integrantes do grupo para facer unha comida cos "aguinaldos" recollidos.
E para rematar as festas só falta o día de Reis, o máis esperado polos nenos e non tan nenos...Cantos de Reis

4 comentarios:

BRAIS dixo...

Na Galiza, por moito que digamos que somos orgullosos de ser galegos, logo cagámola, ata cando??? Na nosa zona (coma noutras de Galiza), había o costume de queimar fachos de palla a noite do fin d´ano despóis da cea. Pero, coma sempre non apreciamos as nosas tradicións e cultura, e en vez de conservar as tradicións da nosa nación, agora na noite do fin d´ano despóis da cea comemos doce uvas, que é unha tradición inventada polos españois, non polos galegos. A ignorancia dalgunha xente daquí dí: "para ter sorte hai que comelas doce uvas cas doce badaladas". Esto que dí a xente, é unha mentira que lle contaron os españois para que os galegos teñamos medo de que se non comemos as uvas así temos mala sorte. Así os españois metendo medo, aseguran que enraizara a súa tradición inventada hai poucos anos, e as tradicións galegas sexan desplazadas. Así os españois consiguen cada vez máis a uniformidade do seu chamado "imperio" (queda por descolonizar: Canarias, Cataluña, Ceuta, Galiza, Melilla e o País Vasco). Venme á memoria a canción ¡En pé! de Xoán Pardo "...a patria escravizaron uns reises de Castela...irmáns asoballados de xentes extranxeiras, ergámola bandeira azul e branca, eu quero a enseña da nazón galega, cantémolo dereito a libertar a terra..." VIVA GALIZA LIBRE!!!!!

BRAIS dixo...

Outra cousa: esquecinme de dicir que o de queimar o facho facíano os meus pais e veciños na parroquia de Martín ata que se foron, sabedes se se facía por Millares e ata que data?

Guillermo dixo...

Eu estou orgulloso de ser galego tanto como de ser español.
Pero non queimar palla en noitevella non me converte nin en peor galego nin en mellor español.

Manuel dixo...

https://www.youtube.com/watch?v=pNpqcE_nl5c
...e tiña que estar e tiña que haber algún galeguiño perto do recén...

https://www.youtube.com/watch?v=JmvxUydeUHo

Xa me tardan estes magos, eu non sei onde andarán...

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...