¿MORRE MILLARES?
Realizando
unha análise moi básica da demografía do noso pobo temos os seguintes datos:
Tendo
en conta as persoas que residen case a diario, podemos calcular que a poboación
neste momento está formada por uns 25 habitantes, moi lonxe dos máis dun cento
que houbo nalgunha época no século pasado. En canto á variable sexo, a
distribución é a seguinte: 10 mulleres e 15 homes. O rango das idades vai,
dende a persoa máis nova que ten 1 ano e a máis vella con 91 anos. Na franxa de
1 a 40
anos só hai 6 persoas, de 40 a
80 son 17 e con máis de 80 dúas.
O lugar de nacemento de tódolos veciños de Millares é Galiza polo que non hai actualmente inmigrantes doutras nacións. Dos 25 habitantes, 10 deles proceden doutros pobos próximos. A emigración foi e segue sendo intensa. O valor máximo de veciños por vivenda é de 6 e o mínimo 1, sendo a media 2,5 e a moda 1. En canto á fecundidade está en 1,8 fillos por muller.
O lugar de nacemento de tódolos veciños de Millares é Galiza polo que non hai actualmente inmigrantes doutras nacións. Dos 25 habitantes, 10 deles proceden doutros pobos próximos. A emigración foi e segue sendo intensa. O valor máximo de veciños por vivenda é de 6 e o mínimo 1, sendo a media 2,5 e a moda 1. En canto á fecundidade está en 1,8 fillos por muller.
*Millares ano 1960, poboación de feito 102, poboación de dereito 110. |
Podemos
aventurar que se continúa a tendencia iniciada durante o "goberno" do ditador franquista que
segue ata os nosos días, de mingua constante da poboación, a nosa aldea
morrerá. Para resolver isto, teríase que
solucionar fundamentalmente o tema do emprego.
*Millares ano 1950, poboación de feito 126, poboación de dereito 120. |
Pero da a impresión de que tanto
o ditador como os sucesivos gobernos galegos (xa, máis de 30 anos gobernados curiosamente
por partidos nacionalistas españois) posteriores á chafallada da Transición,
miran para outro lado.
Mentres noutras
nacións como Euskadi, Catalunya ou na comunidade de Madrid aumentou a poboación
porque alí se crearon oportunidades de emprego, na Galiza asistimos constantemente
a un espolio de recursos (agrarios, enerxéticos, poboación, etc.) como se
foramos unha colonia.
*Millares ano 1940, poboación de feito 143, poboación de dereito 151. |
*Poboación de dereito: é a poboación empadroada ou legalmente residente nun termo municipal no momento de levarse a cabo un censo ou padrón de habitantes, inclúe a todos os residentes, tanto presentes coma ausentes.
136 veciños menos en só 3 anos, se isto non é para preocuparse.... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario