17 de feb. de 2013

Lugares para recordar

Imos recordar como era parte da nosa paisaxe antes de que as pas da concentración parceira entrasen a facer o seu traballo.
Con elas chegou o progreso, facendo posible a supervivencia dos gandeiros da nosa aldea, pero tamén nos deixou un sentimento de nostalxia, pola desaparición daquelas paredes de pedra que separaban os terreos, das cancelas improvisadas feitas con madeiros, das árbores que nos daban sombra nos nosos paseos e nos nosos quefaceres diarios, daqueles camiños percorridos miles de veces ao longo do tempo,en outras épocas a pé, logo en carro e despois en tractor.

A Penela e O Foxo, 2008

A Perna e O Foxo

Os nomes deses lugares, deses terreos, pouco a pouco iranse perdendo, mesmo faise difícil moitas veces situar un lugar exacto, sobre todo para as persoas que non andan a diario niso.

A Requeixada e o Alto da Agra, 2008

Alto da Agra e Preiriñas

Camiño das Pedragueiras 2007

Camiño das Preiriñas 2007

Camiño das Preiriñas 2008

Pero grazas a un bo amigo, fiel seguidor e colaborador do blog, temos estas imaxes, para axudarnos a recordar como eran algúns deses lugares.

Liñarin, 2008

O Foxo e o Palomar, 2008

Os Latedos,  2008

O Foxo

Ningún comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...