Antigamente en Millares tiñamos a festa ritual dos Maios.
É unha das festas
máis populares do ciclo anual que se revitalizou nos últimos tempos grazas á
actividade de colexios, asociacións culturais, concellos, etc. Dende tempos
ancestrais celébranse estas festas en homenaxe e agradecemento á terra e á
natureza.
Cos froitos da natureza
realízanse composicións florais e cántanse coplas que acompañan aos maios. Os
maios inclúen elementos cristiáns, o que antes era pagán transfórmase en
cristián.
As deusas da natureza, Maia e Flora, convértense na Virxe María,
figura á que se lle dedica todo o mes de maio. O día preferido para a
celebración dos Maios é o primeiro de maio, ou tamén o día tres, para
cristianizalo facéndoo coincidir coa festividade da Santa Cruz.
Hai dous tipos
principais de Maios: os humanos e os figurados. Nos humanos é disfrazado un cativo
con flores e follas. Son os máis antigos e auténticos. Os
figurados, nos que se sustitúe a persoa por unha figura de diverso tipo
(cónica, piramidal, etc). Dentro do maio métese un rapaz e outros tocan e
cantan. As coplas que cantaban podían ser relixiosas ou non. Nalgúns tempos,
como no franquismo incluso chegaron a ser censuradas algunha coplas críticas.
Señoras e señores
poñan atención
que imos falar
do señor gobernado:
non é alto nin é baixo
nin é malo, nin é bo
parece un reloxo parado
dentro da deputación.
Outra:
Santa Cruz de maio
que esperas aí
espero por Cristo
que veña por min.....
Ningún comentario:
Publicar un comentario