21 de xul. de 2014

Día da patria galega



No afán de querermos contribuír á recuperación da nosa memoria histórica, hoxe falamos do Día da Patria Galega tamén coñecido como Día Nacional de Galiza. 
O 25 de xullo, celebramos o día do noso país, en palabras de Castelao: "a festa maior de Galiza, a festa de tódolos galegos". O eixo central desta conmemoración é a reivindicación dos nosos símbolos e a nosa identidade coma país: declaracións institucionais, bandos municipais chamando ós veciñ@s a celebralo día, poñendo a bandeira galega nas rúas e balcóns, conferencias, mitins, manifestacións populares de carácter reivindicativo, etc. As orixes desta celebración remóntanse ó 1920, ano no que as Irmandades da Fala organizan o primeiro Día de Galiza como acto de afirmación da nosa identidade colectiva.
Varias veces a nosa Patria intentou recuperar a soberanía nacional.
No século XIX, tralas reformas do goberno español, concretamente no 1833 Galiza desaparece nominalmente como reino e pasará a ser un termo estritamente xeográfico sen ningún tipo de institución propia. No 1846 fórmase na cidade de Santiago unha Xunta Superior do Goberno de Galiza, que reclama autonomía respecto ao poder central e unha serie de reformas de corte progresista.
Un parágrafo da Proclama da Xunta Superior do Reino de Galiza:

«(...) O pobo conquistará nesta revolución o que lle teñen arrebatado os cómicos dos pronunciamentos: pan e dereitos. Galicia, arrastrando hasta aquí unha existencia oprobiosa, convertida nunha verdadeira colonia da corte, vai levantarse da súa humillación e abatemento. Esta Xunta, amiga sincera do país, conságrase a engrandecer o antigo reino de Galicia, dando proveitosa dirección ós numerosos elementos que atesoura no seu seo e levantando os alicerces dun porvir de gloria...»

A revolución prende nas principais cidades galegas, pero o movemento remata por ser derrotado polas tropas do goberno español de Narváez. 
Na vila de Carral tras un xuízo, son asasinados o 26 de abril de 1846, os coñecidos como Mártires de Carral. Galegos que se converteron, en iconas da loita polos dereitos de Galiza, en Mártires da Liberdade, como loce no monumento memorial que hai no lugar onde foron fusilados.


No século XX, concretamente o 27 de xuño de 1931, Alonso Ríos é nomeado presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. A declaración dun Estado Galego veu propiciada por un ambiente de malestar xerado polo caciquismo imperante e mais pola paralización das obras do ferrocarril galego, deixando sen traballo a 12.000 obreiros. Pero o goberno de Madrid reanudou a obra do ferrocarril, evitando que a insurrección se expandira. O movemento, perdeu forza e a I República Galega chegou así, ao seu fin. 






5 comentarios:

Sempre igual dixo...

Galiza non foi nunca nin sera un pais, malia quen pese. Outro tanto pódese dicir de Cataluña e Vascongadas.
Os galegos somos galegos e españois.
Mais válelles aos independentistas de todos lados preocuparse dos problemas reais da xente, non de toladas que á inmensa mayoria da xente non interesan.
Esta moi ben celebrar o dia da patria, da lingua, da bandeira e da vaca marela, pero de ahi a facer o bobo falando de paises independentes e gastar recursos que son de todos os españois, como que non me parece ben.
Que os teus dereitos rematan onde empezan os mios e viceversa.

Iria dixo...

Parabéns, segue sendo moi interesante este blog.
Permitide que dea a miña opinión.
Eu non me sinto española. Síntome só galega.
Administrativamente por imperativo legal pertenzo ó estado español mentres nolo impoñan democráticamente ou ditatorialmente. Sempre me sorprende a lixeireza con que persoas españolistas diagnostican o que pasa en Galiza. Ningún país que se independizou deu marcha atrás. É dicir, non se arrepentiron, están encantados. Quen perdería máis nunha hipotética independencia: Galiza ou España? claramente perde máis España. Galiza sairía reforzada, mentres para España sería un duro golpe. Galiza estaría fóra do euro? primeiro, non tería que ser necesariamente así, e segundo hai moitos países en Europa con moeda propia ós que non lles vai peor cos da zona euro. Iríanse empresas de Galiza? habería que velo. Ó mellor creábanse outras empresas se as características e condicións do novo país fundado lles interesaban máis. Hai poucos días publicáronse unhas balanzas fiscais onde se demostra que Galiza aporta máis a España do que España lle dá a Galiza, aínda que o goberno español as intentou trucar. Por exemplo: Citroën, Endesa, Gas Natural, Repsol ou Autopistas, que producen e xeran custo ambiental neste País, pagan o Imposto de Sociedades en Madrid ou Barcelona e non computan na Galiza. Ou cando a nosa capacidade de aforro foi drenada para financiar o saneamento bancario español.
Próe que Galiza teña potencial económico, social e cultural? Choca comprobar como hai españolistas que sacan a careta e utilizan os términos independentista ou nacionalista insultándonos (toladas, vaca marela, bobo, etc). Pódese compartir a ideoloxía ou non, pero ser nacionalista ou independentista galega é unha opción tan válida coma ser nacionalista, independentista ou imperialista española. Viva Galiza ceibe!

Jesus Doval dixo...

Ahora permitidme que de yo mi opinion.
Galicia tiene como cualquier otra ccaa potencial social y cultural, economico? por si sola ninguno como el resto de ccaa.
Yo vivo en Vigo aunque naci en Madrid, de padres gallegos emigrantes, llevo años residiendo en Vigo y me considero gallego, gallego y español, esa es mi nacionalidad, española.
Perdonad mi siguiente afirmación, pero es lo que pienso, en relacion al idioma quien quiera hablar gallego que lo hable y que tenga la oportunidad de estudiarlo libre y gratuitamente y de hablarlo en la misma medida.
Pero que a nadie se le ocurra imponermelo a mi, yo no quiero hablar en gallego, eso no quita para que mi hija lo hable perfectamente, ya nos hemos encargado tanto su madre como yo de que lo aprenda al igual que nos hemos preocupado de que aprenda ingles, a partir de ahí si lo usa o no lo usa quedara a su elección.
Y que conste que defiendo también lo contrario, quien quiera hablar en gallego está en su derecho a hacerlo si encuentra interlocutor que también lo quiera hacer.
Respeto que a Iria no le gusta que le impongan un gobierno español, yuo no quiero que a mi ni a mi familia nos impongan un gobierno nacionalista.
A partir de aquí están las urnas, ella que vote por un gobierno que defienda sus ideas que yo votare por uno que defienda las mias.
Saludos y enhorabuena por el blog.

Anónimo dixo...

A cuenta de lo que esta a pasar en mi tierra Cataluña, segun la democracia independentista todo el mundo puede votar y opinar siempre que piense y vote lo mismo que ellos, si no sera un facha españolista.
Ahora los independentistas pretenden ser ellos quienes decidan que persona es un buen catalan o buen gallego.
Ademas se creen en disposicion de hablar por boca de todo un pueblo.
Yo soy catalan no independentista y soy tanto o mas catalan que cualquiera de ellos.

Anónimo dixo...

Disculpen, no acabe mi comentario, yo solo quiero que algun politico me explique que va a pasar al dia siguiente de ser independientes si de entrada salimos fuera de la UE:
Como se van a pagar las pensiones, quien va a garantizar mis depositos, como sobreviviran las empresas obligadas a pagar aranceles para vender sus productos.
Como van a obligar a las empresas a no deslocalizarse.
Lo normal que preocupa a la gente de a pie.
Saben que Cataluña ha ofrecido a Marruecos dar clases del coran en las aulas publicas?, quien se creen que son? asi van a defender la cultura y el idioma catalan?
Perdon por la extendion del texto, la pagina me encanta la descubri en facebook.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...