8 de xuño de 2015

Paseando por Millares

As veces un pregúntase como é posible, como nos desvinculamos tanto da natureza, como cambiamos a tranquilidade do pobo pola "boa vida da cidade", sen esquecer nin obviar que cada unha ten os seus proles e as súas contras, claro está.
Hai pouco tempo oín, como un estudo aseguraba, que no ano 2050, o 60% dos nenos, non terá visto nunca unha vaca de verdade, que tristura, e pensei se tanto avanzar, tanta tecnoloxía e tanto aparato vangardista faríanos realmente máis felices ou pola contra camiñamos cara a un futuro de soidade individual.
Xentes moi preparadas si, pero soas, sen mais  compaña que os seus maquinas.
Por iso hoxe déixovos unhas imaxes dos camiños e cantos de Millares, cantos tranquilos, nos que as multitudes non existen, por sorte.






















E non podo rematar este artículo sen poñer unha foto do noso compañeiro e amigo inseparable, Marqués, o can de casa de Maxide, non había paseo nin pola mañá nin pola tarde, nin en verán nin en inverno no que o non nos acompañase e coidase, este inverno faleceu e seguro que ningún paseo será nunca igual sen él.

Marqués

6 comentarios:

Rafa dixo...

Se chego a xubilarme quero comprar unha vivenda na vosa aldea e pasar o resto da miña vida nese lugar tan fermoso e tranquilo Cocería pan, sementaría hortalizas, plantaría árbores froiteiras, coidaría galiñas, un gato, un can e algunha cousa máis para vivir de forma natural, relaxado, axudando a veciños que necesiten. Tou ata o carallo da vida da cidade, do FMI, da OTAN,

FPM dixo...

Importante a entrada.
Cando abrin o blog e vin tan fermosas fotos,estando facendo o percorrido por elas, parecíame que andaba no camiño do meu corruncho.Que importantes recordos para os
futuros de Millares.
Oió! o teu comentario sobre os nenos o cabo de 35 anos, estou d´cordo contigo n´eso pero, deberías decatarte que algo mais de 35 anos atras, a xente das nosas aldeas non coñecían as praias nis viran o mar ou subiran a un avión. Logo moito menos coñecían a internet nin tiñan idea de que isto que estamos a facer poidera ser realidade. Por iso, benvida a tecnoloxía ainda que outras cousas se foran perdendo.
Tamén a ensinanza pode faer algo no tema. Os nenos poderíanse levas as aldeas de cuando en vez para que viran a vida rural e entendela. Os que estais preto do pobo, sopoño que fareis viaxes os fins de semana. de todos xeitos a vida do campo está condenada a desaparecer.
Seguide poñendo cousas importantes e fermosas, nos as disfrutamos.
Saudos

por.millares dixo...

Rafa eu tamén me apunto a ese plan, tambien estou ata aí mesmo da cidade, do FMI, da OTAN e tanto lixo que nos rodea (políticos e demais parasitos).

por.millares dixo...

Ola Manuel, grazas por visitarnos.
Xa sabía eu que che ían gustar as fotos, un abrazo.

FPM dixo...

Mirade. O ser humá , o pertecer o reino animal, somos un pouco éso e non nos afacemos a estar agusto co que temos, logo queremos o escenario novo, cada vez. Ou sea candi estamos no pobo queremos a cidade e o rebés. Pero, iso todos é, disto non se libra ninguén.
Como dixen antes, vos sodes un pouco prebilexados por estar preto da aldea. DADESME envidia. O recoñezo.
Saudos a todos vos.

suso dixo...

Ai!, cantas conversas, chácharas, parrafeos, lerias, habería neses camiños

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...