30 de xul. de 2015

Parroquia minguada


O PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) do concello de Baleira quítalle máis de 200 hectáreas de superficie á nosa parroquia. 
Fixándonos no plano que tiveron exposto, axiña nos decatamos que a liña trazada de límite parroquial pouco se parece ao linde real. 
Xa estaba mal delimitada nas normas subsidiarias de planeamento do ano
1983 e segue mal.


Segundo os medios de comunicación este PXOM ten varias deficiencias pois recibiu máis de 150 alegacións.
E volvendo á nosa parroquia, hai documentos de varios séculos onde indican os marcos reais da freguesía.
Empezando na Rea de Penas e no sentido das agullas do reloxo son:
A Rea de Penas, As Valiñas, O Alledo, Fonte do Salgueirín,  Carballo Verrugoso, Penedo Franxón, Pena dos Sete Pastores, Lagoa de Seoane, Pena Cerrada, Pena Edrada, Pouso de Abaixo, Pena do Allo, Medorra das Campas, A Arqueira, O Latedo, O Val do Souto, Fonte das Lestas, Chao da Cabana, Miradoiro, A Lagoa e A Rea de Penas.





2 comentarios:

suso dixo...

na miña parroquia de Cubilledo no pxom non puxeron varios muiños do rio Eo e de afluentes e din que non hai restos no castro da Pena dos Mouros en fronte ó Real e si que hai restos, acórdome dir ca facenda de neno por alí, e hai uns anos cando viñen de vacacios tiñan limpo o concello un camiño e fomos ata ali a familia e estaban as paredes e cimentacios, tamén faltan outros elementos como pontes, fontes e covas

Muiñeiro dixo...

Eu tampouco vexo a cova de San Román, a capela do Alledo, o Forno do Cal da Muíña, a Fábrica de luz da Muíña, o Mazo da Marronda... deberían protexerse para xeracións futuras para poder seguir véndoos

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...