O PXOM (Plan Xeral de Ordenación
Municipal) do concello de Baleira quítalle máis de 200 hectáreas de superficie
á nosa parroquia.
Fixándonos no plano que tiveron exposto, axiña nos decatamos
que a liña trazada de límite parroquial pouco se parece ao linde real.
Xa estaba mal delimitada nas normas subsidiarias de planeamento do ano
1983 e segue mal.
Xa estaba mal delimitada nas normas subsidiarias de planeamento do ano
1983 e segue mal.
Segundo os medios de comunicación este PXOM ten varias deficiencias
pois recibiu máis de 150 alegacións.
E volvendo á nosa parroquia, hai
documentos de varios séculos onde indican os marcos reais da freguesía.
Empezando na Rea de Penas e no
sentido das agullas do reloxo son:
A Rea de Penas, As Valiñas, O
Alledo, Fonte do Salgueirín, Carballo Verrugoso,
Penedo Franxón, Pena dos Sete Pastores, Lagoa de Seoane, Pena Cerrada, Pena
Edrada, Pouso de Abaixo, Pena do Allo, Medorra das Campas, A Arqueira, O
Latedo, O Val do Souto, Fonte das Lestas, Chao da Cabana, Miradoiro, A Lagoa e
A Rea de Penas.
2 comentarios:
na miña parroquia de Cubilledo no pxom non puxeron varios muiños do rio Eo e de afluentes e din que non hai restos no castro da Pena dos Mouros en fronte ó Real e si que hai restos, acórdome dir ca facenda de neno por alí, e hai uns anos cando viñen de vacacios tiñan limpo o concello un camiño e fomos ata ali a familia e estaban as paredes e cimentacios, tamén faltan outros elementos como pontes, fontes e covas
Eu tampouco vexo a cova de San Román, a capela do Alledo, o Forno do Cal da Muíña, a Fábrica de luz da Muíña, o Mazo da Marronda... deberían protexerse para xeracións futuras para poder seguir véndoos
Publicar un comentario