O embrión básico de toda aldea era a casa familiar, a casa de labranza, que se transmitía por herdanza do pai ao fillo maior co desexo de garantir que a supervivencia da casa fose viable e se é posible engrandecida nas xeracións vindeiras.
As pedras das casas, testemuñas mudas do devir dos séculos gardiás de segredos, amores e desamores, nacementos e mortes, xeracións enteiras arroladas entre os seus muros.
Cantos "tesouros" pequenos ou grandes, conseguidos cun esforzo titánico, quedarían esquecidos entre os ocos das pedras antes de que a modernidade convidase a tapalos con cemento condenandoos ao esquecemento.
Cando as construíron buscaban un lugar para protexerse das inclemencias do tempo, para as súas familias e os seus animais, moi afastado da idea dun fogar que temos hoxe en día onde a nosa casa serve ademais de para protexernos para evidenciar o noso status social.
3 comentarios:
Encantoume
Fixome chorar��
A alma da aldea
¿que maís podo decir? Todo un mundo encerrado nesa frase.
Grazas por non permitirnos esquecer de onde vimos
Publicar un comentario