24 de mar. de 2013

Revolución Irmandiña

"Pode que neste momento, nalgún recanto de Galiza, estea a morrer un vello, que leva consigo á tumba, o eco afastado dunha lenda, ou dun caudal de palabras sonoras e expresivas, que xa ninguén dará a coñecer entre os vivos... " Ramón Outeiro Pedraio


Pasaría sen pena nin gloria a revolución Irmandiña do século XV por Millares?
Próximo ao noso pobo, ao sueste do Real de Sampaio, hai restos de paredes dun castelo, aproximadamente na latitude 43º4´11,97´´N e lonxitude 7º14´17,97´´W.
Existiría xa naquela época o castelo de Sampaio e sería destruído coa axuda dos habitantes de Millares? hoxe en día aínda chámaselle "Rego do Castelo" a un rego que pasa moi próximo ás ruínas.
A necesidade de dar resposta contundente aos abusos que os nobres realizaban dende as súas fortalezas, foi a causa principal da Revolución Irmandiña en Galiza, dende 1465 ata 1467, na que se atacaron e destruíron varias desas fortalezas.



Situación do castelo-fortaleza de Real de Sampaio
Varios grupos organizan e participan nas Irmandades, entre os que están os campesiños. Os Irmandiños fixéronse donos do país, mais en 1469 a aristocracia exiliada en Portugal e Castela, coa axuda destes reinos, reconquista militarmente Galiza e rematan coa Revolución. A nosa nación dende aquela, moverase ao compás marcado dende fóra en función dos intereses da aristocracia española, que ten en Castela o seu centro de decisión.
Os nobres galegos quedaron debilitados pola guerra, e a belixerancia de gran parte deles contra a monarquía castelá, foi aproveitada por esta para substituíla por unha aristocracia allea ao país, case toda allea a Galiza, e sempre fiel a uns intereses que non eran galegos. Como escribe o catedrático de historia, Anselmo López Carreira: unha vez "domada", Galicia convertíase nunha "colonia da Corte".

                                       Irmandiños

2 comentarios:

XULIA dixo...

Tenme contado algún veciño do Real de Sampaio que había unha cova ou túnel dende a fortaleza ata o río. Que tiñan tirado por ese furado cousas e que non se escoitaba onde caían. Non sei se é lenda ou é verdade. Desafortunadamente, o veciño que mo contou hai anos, hoxe non está entre nosoutros.

por.millares dixo...

Nós tamén oiramos unha historia parecida, pero como ben dis, a xente que coñecía algo sobre o tema xa non está con nos, é unha pena que se perdan eses datos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...