3 de set. de 2015

Un prezo digno para unha vida digna

DENDE LUGO, POLA PERMANENCIA DO RURAL.
NÓS APOIAMOS OS GANDEIROS.


Tanto de noite coma de día, a loita continúa:














4 comentarios:

manifestante dixo...

No noso País é onde menos pagan o leite: 2,3 céntimos menos que a media do Estado, son os datos públicos do Fega. O goberno español mandou ao polígono do Ceao aos antidisturbios da policía para defender a unha industria láctea, nin que os nosos gandeiros foran uns asasinos. Tamén houbo algún coche aparcado nas rúas limítrofes á concentración, que querían provocar aos nosos labregos, intentando sabotear e quentar a concentración pacífica dos nosos gandeiros, meténdose entre eles co coche. Sería algún infiltrado para armarla e criminalizar aos manifestantes pacíficos? O goberno español (non defende os produtos daquí) e o galego (lámbelle o cú ao de Madrid) non defenden o leite galego. Vén leite de fóra. A Unión Europea está gobernada polos ricos, é dicir, as grandes empresas que se aproveitan dos que traballamos nun sector ou noutro. Elas quitan e poñen gobernos. Xa está ben de que o pobo non teña o poder. Ten que haber un control do pobo, non un control do goberno, que goberna para os ricos. O euro fainos pobres, subiu moito a vida, todo son impostos. Antes non había o IVE por exemplo. A Unión Europea é unha estafa. Pódese vencer! A unión de todos é a clave.

Anónimo dixo...

manipula a tv galega ou non, esa é a cuestión: a multitudinaria manifestación do leite, no telexornal da noite puxérona en 8º lugar, e a noticia desenvolvérona polo minuto 18, tampouco puxeron moi cedo a multitudinaria manifestación que houbo en Vigo polas varias deficiencias do hospital novo, no que tiveron que paralizar o trasvase de enfermos do vello por aparecer problemas no novo. Antes meteron varias noticias internacionais do quinto inferno para que a xente se aburrira con eses temas, cambiara de canle e non vira o descontento dos galegos. Señores, primeiro as noticias da terra e logo o exterior. Ben que poñedes outras veces de primeiro titular noticias galegas. Por certo, logo da noticia da manifestación de Lugo, meteron a continuación, unha noticia onde tamén estaban os agricultores franceses protestando por París, que casualidade, como dicindo, mirade tamén hai outros mal, non sodes os únicos...mal de moitos...

m l c dixo...

https://video-mad1-1.xx.fbcdn.net/hvideo-xpt1/v/t42.1790-2/11985846_819368921513512_936058681_n.mp4?efg=eyJybHIiOjM0MiwicmxhIjoxMDgwfQ%3D%3D&rl=342&vabr=190&oh=9d6973fa475b5bf8af53d89e4ca53800&oe=55ECD652

m l c dixo...

https://www.youtube.com/watch?v=o8Zba0hSXMk

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...