Casas caídas, vivendas
deshabitadas, valados de pedras soltas derrubados, carreiros e camiños borrados
polas herbas e pola falta de uso.
As casas vanse pechando ao ir
falecendo pouco a pouco os anciáns que moran nelas.
As persoas que emigran vanse
co desexo de volver, pero con frecuencia o retorno dos emigrantes fréao o
interese de estar cos fillos e cos netos enraizados nas novas terras onde
naceron e onde se criaron. Pode ser este o principal motivo que lles impide
volver despois de xubilarse. Mais o desexo de retornar perdura ata o mesmo
intre da morte!
Rexurdirá Millares? Como dixo
o outro, "o mundo dá moitas voltas!". É un misterio que o coñeceremos
algún día!
Para ambientar esta nostalxia
deixamos a canción titulada "Aldea miña" do grupo Xocaloma,
que é considerado o "Mocedades galego". VIVA MILLARES!
3 comentarios:
Sabedes se investidores dun grupo chino andan sondando para mercar as propiedades e casas en venda por Millares? Queren acaparar as terras fértiles e o ouro azul da zona?
Hola os escribe una gallega afincada en León desde hace varios años, emigre no por motivos laborales si no porque la deriva nacionalista que estaba tomando la politica gallega no me interesaba, no quiero que mis hijas se crien en ese ambiente asfixiante e intolerante, me llama mucho la atención sobre todo de gallegos de esos que senten morriña da aldea pero en vez de vivir en la aldea viven en la ciudad, cuando la mayoria tiene la aldea a minutos o a escasa una hora de su trabajo, me dan verguenza cuando dicen eso de orgulloso dd ser de aldea pero no van a la aldea mas que por las patacas y los chorizos, un ratito solo que hay que volver a Coruña o a Lugo, despues sse quejan de que las aldeas se mueren, mucha hipocresia veo yo
Vaia, o nacionalismo español claro que é moi malo para a saúde. Malversan caudais públicos en comprar tanques, fragatas, avións militares. Fan desfiles militares en medio de procesións relixiosas. Que hipócritas, non saben o mandamento da lei de Deus de "non matarás". Se levantara Cristo a cabeza e vira a inxustiza que provocan os militares coa guerras, mortes, violacións, etc..España tamén se rebela contra o dereito internacional, ao non aceptar o dereito de autodeterminación e independencia dos pobos galego, vasco,catalán, bretón, corso etc. Tamén comete sedición o estado español ao non respetar as leis catalás e en Galiza o estado español tamén fode leis aprobadas pola Xunta utilizando o tribunal constitucional. O dos chourizos non creo que vaian por eles á aldea pois está prohibido facer a matanza tradicional e as patacas teñen unha enfermidade americana
Publicar un comentario